A nena morta en Muimenta tiña feridas na boca e no nariz
Publicado o 08/05/2019 17:57
A investigación da nena falecida en Muimenta segue baixo segredo de sumario e non hai ningunha nova información oficial. Algúns medios de comunicacuión informan hoxe de que durante a autopsia que se lle practicou á cativa apareceron feridas na boca e no nariz que poderían indicar que foi asfixiada. Tamén apuntan á posibilidade de que a cativa fose sedada con algún dos medicamentos que a nai toma para tratarse da depresión. A causa oficial do falecemento é unha parada cardiorrespiratoria.
Máis sobre actualidade
23/01/2021 21:54
23/01/2021 21:23