CRTVG

Buscar

Negueira de Muñiz, o concello coa menor vacinación, pero tamén sen apenas casos

Publicado o 10/09/2021 14:44

Mentres moitos concellos galegos teñen xa case toda a poboación diana inmunizada, en Negueira de Muñiz atopamos a porcentaxe máis baixa de vacinación. Só o 59 por cento dos 220 inscritos no padrón teñen a pauta completa, e o 61 polo menos unha dose.

A clave é que moitos residen fóra, ou tamén a desconfianza que xera a vacina entre algúns residentes na parroquia onde hai décadas se fundou unha comunidade hippy.

Os veciños din que a vacinación é total entre os residentes habituais nos principais núcleos. Din que cumpren todas as medidas malia que viven nun concello pequeno de montaña onde é doado manter as distancias e hai maior dificultade para o contaxio. De feito lembran que levan case toda a pandemia sen casos de coronavirus.

Noticias web

10/09/2021