CRTVG

Buscar

Negreira é un dos únicos concellos galegos que rompe a tendencia á baixa da última semana

Publicado o 09/09/2021 15:17

A intensa chuvia e o aumento dos casos de covid entre os veciños de Negreira eran alicientes para que pouca xente paseara polas rúas da localidade esta mañá. Os veciños saben que os positivos están subindo nos últimos 7 días e moitos bótanlle a culpa á Feira do Románico que se celebrou a pasada fin de semana.

Nunha farmacia confirmaban que a venda de tests de antíxenos disparárase nos últimos días. As celebracións poden estar detrás deste aumento. Con todo a maioría dos veciños din seguir respectando as normas anticovid. Unha decena de contaxios en sete días fai que a vila sexa un dos únicos puntos de Galicia onde soben os casos positivos na última semana.

Noticias web

09/09/2021