CRTVG

Buscar

Negocios asulagados por unha fuga de auga potable en Pontevedra

Publicado o 09/01/2020 21:12

Recoller lodo e libros mollados é o labor que teñen por diante durante varios días nesta libraría que leva máis de 50 anos no centro de Pontevedra.

A avaría da canalización xeral de auga potable da rúa Peregrina aconteceu de madrugada pero os propietarios dos negocios non se enteraron ata case a hora de apertura comercial, cando xa o nivel da auga acadaba varios centímetros. Quéixanse de non ter sido alertados.

As perdas tamén son cuantiosas nesta tenda de roupa en plena campaña de rebaixas.

O concello de Pontevedra e a concesionaria do servizo xa iniciaron os traballos para coñecer a causa da rotura da tubaxe e a envergadura da avaría.

Noticias web

09/01/2020