CRTVG

Buscar

Negocian a incorporación de Pontevedra ao convenio de transporte da Xunta

Publicado o 24/09/2019 14:34

O Goberno galego e o Concello de Pontevedra ultiman as negociacións para que a incorporación da cidade ao convenio do transporte metropolitano urbano de Galicia sexa unha realidade a comezos de ano.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, explica que o Goberno galego leva anos traballando a prol dun trasporte público de calidade para toda Galicia, e di que agarda que o Concello de Pontevedra se comprometa e se sume ao convenio.

Un dos obxectivos é que o transporte metropolitano sirva de transporte urbano ao seu paso pola cidade. Ademais a Xunta anunciou a súa intención de que a tarxeta Xente Nova, que permite que os menores de 19 anos viaxen gratis, se estenda a toda Galicia, incluídas as zonas rurais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019