CRTVG

Buscar

Negociacións para un cumio entre Trump e os líderes das dúas Coreas

Publicado o 28/05/2018 15:38

Afiánzanse as posibilidades de que o vindeiro 12 de xuño se produza o cumio entre os Estados Unidos e Corea do Norte. Mesmo podería ser unha xuntanza trilateral se avanzan as conversas en marcha coa diplomacia surcoreana.

Neste momento equipos de Washington e de Seúl negocian con Pyongyang a axenda da reunión que sentaría na mesma mesa a Donald Trump, Kim Jong-un e Moon Jae-in. Está en xogo a desnuclearización da península e a sinatura da paz entre as dúas Coreas. 

Noticias web

28/05/2018