CRTVG

Buscar

Negociacións no Concello de Lugo entre PSOE e BNG co repartimento de áreas

Publicado o 10/06/2019 21:04

Segunda reunión entre PSOE e BNG para tentar formar un goberno de coalicción no Concello de Lugo. Despois dun primeiro encontro en que puxeron en común os seus programas, agora traballan xa no repartimento das posibles concellerías, formadas polos oito edís que achegan os socialistas e os cinco que acadaron os nacionalistas.

Ambos grupos volverán reunirse para continuar co repartimento de áreas. Sinalan que aínda non se falou de figuras como a de tenente de alcalde, pero agardan pechar un acordo de goberno antes do pleno de investidura do vindeiro sábado.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019