CRTVG

Buscar

Négase a facer o control de alcolemia tras caer por un terraplén no Barco

Publicado o 24/02/2020 12:56
Négase a facer o control de alcolemia tras caer por un terraplén no Barco

Contra as 9:20 desta mañá, a Garda Civil recibiu o aviso de que un vehículo caera por un terraplén dende unha estrada do Barco. Dous axentes motoristas acudiron ao lugar e, tras descender 50 metros dende a beira da estrada, atoparon unha furgoneta. Con todo, no seu interior non había ninguén. 

A Garda Civil puido localizar este mediodía o titular do vehículo no seu domicilio. Non obstante, este negouse a facer o control de alcolemia. Por iso, os axentes presentaron a correspendente denuncia ante o xulgado.