Néganlle ao capitán do Open Arms a posibilidade de pedir asilo para os menores que están a bordo
Tras doce días esperando unha solución, o capitán do Open Arms solicitou na embaixada de Malta asilo para os trinta e un menores ao entender que cumpren as condicións para ser recoñecidos como refuxiados. O Goberno español négalle esa capacidade.
No barco dín que o que pretenden é que sigan vivos os inmigrantes que están a bordo. E o que lle piden ao Goberno éque defenda son os dereitos das organizacións españolas e os dereitos das vidas que protexen baixo pavillón español. O Open Arms tampouco atopa resposta na Unión Europea que dí que nada pode facer se os países non son solidarios.
Mentres, o Ocean Viking, o barco de Médicos sen Fronteiras, rescatou outros 105 inmigrantes no Mediterráneo. A súa situación tamén é delicada xa que leva 356 p ersoas a bordo sen saber onde desembarcalas.