CRTVG

Buscar

Néganlle a liberdade ao vigués acusado de violar a muller e de enviar fotos da agresión

Publicado o 23/06/2020 14:11

A Audiencia Provincial en Vigo negoulle a liberdade ao home investigado por violar a súa muller e enviar fotos da agresión. Ratifícase así o auto do Xulgado de Violencia sobre a Muller en que se afirmaba que a medida de prisión provisional era axeitada e proporcionada tendo en conta os delitos que se lle atribúen de agresión sexual, revelación de segredos e maltrato. Entende, ademais, o tribunal que hai risco de reiteración delitiva e de seguridade para a vítima.

Supostamente, o home violouna nun alpendre e envioulle fotos por WhatsApp a un compañeiro de traballo da muller.

Noticias web

23/06/2020