CRTVG

Buscar

Navegando na compaña dos golfiños a oito millas da illa de Ons

Publicado o 05/08/2020 14:03

Imaxe: @foodand22flowers

Cada vez é unha imaxe máis habitual nas costas galegas, pero non por iso perde un ápice de beleza. Os tripulantes dun veleiro que se atopaba a unhas 8 millas da illa de Ons, no medio do mar, tiveron a sorte de facelo na compaña deste grupo de golfiños.

Os cetáceos parecían tamén gozar da experiencia, cruzando dun lado a outro do buque coa súa axilidade innata. Unha imaxe que nos serve para lembrar tamén que debemos coidar os nosos mares, por nós mesmos e por tantas especies que viven neles.

 

Noticias web

05/08/2020