CRTVG

Buscar

'Navega o Camiño', unha peregrinación en sete etapas a toda vela

Publicado o 18/05/2021 16:02

Galicia acollerá no mes de xuño a ruta marítima xacobea 'Navega o Camiño'. Constará de sete etapas nas que os barcos participantes pasarán por 15 dos 30 portos deportivos vencellados coa ruta marítima a Santiago.

A travesía transcorrerá desde Ribadeo ata o río Ulla, chegando a Padrón en catamarán. Logo completarán a pé o último tramo do Camiño ata Santiago. A titular da Consellería do Mar destacou a oportunidade que supón o Xacobeo 21-22 para reactivar o sector náutico galego.

Noticias web

18/05/2021