CRTVG

Buscar

Navarra e Granada poderían acadar hoxe os 43 graos pola vaga de calor

Publicado o 29/06/2019 15:22

A axencia estatal de meteoroloxía continúa no día de hoxe alertando da vaga de calor que leva anunciada dende o mércores pasado e que hoxe seguirá na maior parte do territorio penínsular. En Navarra poderíase chegar ata os 43 graos de temperatura en puntos das ribeiras do Ebro, aínda que haberá moitas zonas con 42. Con alerta vermella tamén están Aragón, a Rioxa e Cataluña, nas que moi poucos puntos baixarían dos 40 graos.

A Aemet non desbota que en Granada tamén se poidan acadar os 43, e que noutras provincias andaluzas como Córdoba, Granada ou Xaén se rexistren e incluso se poidan superar os 40. En Madrid, algunhas zonas poderían tamén entrar en rexistros similares, e mesmo podería acontecer en puntos do País Vasco como as chairas de Áraba.

Xa con un alertas laranxas, Mallorca e a Comunidade Valenciana quedarían roldando os 39. A intensidade desta vaga de calor nótase especialmente pola noite, onde as temperaturas noctunas están chegando aos 23 graos. Espérase que a partir de mañá e especialmente do luns, os termométros comecen a baixar, aínda que as temperaturas serán relativamente altas. Tanto Galicia, Asturias, Cantabria e as Canarias seguirán librando desta masa de aire tropical procedente de África.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019