CRTVG

Buscar

Navantia suma un novo contrato á súa carteira de pedidos

Publicado o 16/08/2019 15:23

Ë un novo contrato que novamente beneficiará á industria auxiliar da comarca, a que máis vai sufrir a caida da carga de traballo que se agarda para os próximos meses, antes de que as cinco fragatas comecen a xerar ocupación.

Será unha plataforma petroleira dun armador canadiano a que virá reparar a finais da próxima primavera á Ría de Ferrol. Prevese que ocupe en torno a un medio milleiro de traballadores durante catro meses.

A consecución deste contrtao internacional consolida os estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol como un dos principais centros de reparación do mundo.

 

Noticias web

16/08/2019