CRTVG

Buscar

Navantia renova o seu cadro de persoal con 235 novos postos de traballo

Publicado o 06/06/2019 15:54

Navantia renova o seu cadro de persoal a través dun plan estratéxico para os próximos anos que contempla máis de dúas mil prexubilacións en toda España.

Un total de 235, dos que 182 asinarán o seu contrato antes de que remate este 2019 e os 53 restantes nos tres primeiros meses de 2020. Aínda non se estableceu a data en que comezará a selección de persoal, pero a empresa e os sindicatos acordaron que o 70 por cento desas prazas sexa para persoal sen experiencia previa e o 30 por cento restante para aqueles que xa se estrearon no mercado de traballo. A medida busca rexuvenecer no posible esa masa social da compañía.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019