CRTVG

Buscar

Navantia queda fóra do contrato coa Mariña grega para renovar a súa frota

Publicado o 09/06/2021 21:09

Os traballadores de Navantia agardan que a dirección da empresa lles dea explicacións sobre a exclusión do contrato coa Mariña grega para renovar a súa frota.

Navantia foi a única empresa excluída deste importante contrato internacional para construír catro unidades semellantes ás F-110 que se van construír no estaleiro de Ferrol, para a Armada española. O contrato tamén incluía a modernización doutros catro barcos da clase Hydra e dous buques de transición para cubrir as necesidades da Mariña grega.

Foi o Ministerio de Defensa o que confirmou a través dun comunicado que Navantia quedaba fóra do concurso en que continúan outros seis países. Os traballadores agardan recibir explicacións nos próximos días, pero a prensa grega apunta á falta de apoio do Goberno de España a Grecia na crise con Turquia.

Noticias web

09/06/2021