CRTVG

Buscar

Navantia Ferrol bota o primeiro dos barcos para Australia

Publicado o 24/11/2018 13:50

• Feijóo pídelle ao Goberno data para as fragatas

• O porto de Vigo conta cun novidoso xerador con gas licuado

Navantia Ferrol botou esta tarde o primeiro dos dous barcos que está construíndo para a Real Marina Australiana. Unha encarga que dá traballo a 1.800 persoas entre empregos directos e indirectos.

O pedido fíxose no 2016 e, cumprindo cos prazos previstos, o primeiro dos dous buques loxísticos encargados por Australia xa está nas augas da ría de Ferrol, onde acabará de construírse para poder entregalo en setembro de 2019. A quilla do segundo colocarase nas plataformas xa mañá, tal e como figura no contrato. Á botadura asistiron esta tarde o xefe do Estado Maior da Armada australiana, a presidenta de Navantia e Alberto Núñez Feijóo, que lle pediu ao Goberno central que marque unha data para a construción das fragatas comprometidas para o estaleiro de Ferrol.

Navantia o Nuship Supply, un buque loxístico, inspirado no Cantabria da Armada Española, capaz de aprovisionar en mar aberto combustible, víveres ou municións a tres barcos á vez. Tamén son usados para levar axuda humanitaria en caso de catástrofe.

O xefe do Estado Maior da Armada Astraliana dixo que llo encargaron a Ferrol porque aquí se fan bos barcos.

Desas fragatas falou tamén o presidente da Xunta. Insistiu en que o estaleiro está agardando que o Goberno central dea a orde para executalas.

A construción das cinco fragatas daría emprego a 7.000 persoas.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2018