CRTVG

Buscar

Navantia fabricará estruturas eólicas para o parque de Iberdrola na Bretaña francesa

Publicado o 14/08/2019 10:18

Boas novas para o naval de Ferrol. Navantia Fene en colaboración coa compañía asturiana Windar van fabricar máis de 60 estruturas eólicas do parque de Iberdrola na Bretaña francesa

A entrada de Navantia no mercado do sector da enerxía eólica mariña está permitindo consolidar a actividade industrial nas instalacións de Fene. Este novo contrato con Iberdrola, que está previsto que se asine a finais deste mes de agosto, suporá a construción de 62 estruturas mariñas que sustentan os aeroxeradores no mar e que se destinará ao parque de Saint Brieuc, na Bretaña Francesa.

O departamento comercial de Navantia levaba meses de traballo para conseguir este pedido, unhas xestións complicadas porque o Goberno francés esixe que parte da carga de traballo se acometa no propio país. Trátase ademais do maior pedido encargado pola empresa eléctrica en Galicia e que suporá un ano de carga de traballo especialmente para os traballadores da industria auxiliar.

Navantia atravesa un momento delicado en canto á carga de traballo. Aínda que o contrato de construción das cinco fragatas para a Armada española garante o emprego a medio prazo, o estaleiro comeza agora un ciclo de dous anos, ata o 2022, sen apenas pedidos en carteira.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Máis sobre ferrol