CRTVG

Buscar

Navantia entrega o segundo buque loxístico da Armada australiana

Publicado o 20/05/2021 16:37

O estaleiro de Navantia en Ferrol pon fin a máis dunha década de colaboración coa Armada australiana. Ese período péchase coa a entrega do segundo buque loxístico construído na factoría.

O Stalwart viaxa xa cara a Australia despois de que o estaleiro lle entregara a embarcación á embaixadora de Australia en España. Partiu cara á súa base de Perth, onde servirá de de apoio á frota dese país.

Coa marcha deste buque, o estaleiro de Navantia queda sen carga de traballo na área de produción, polo menos, ata o verán do vindeiro ano 2022. O seu presidente, Ricardo Domínguez, asegura que a dirección está a traballar "sen descanso" para conseguir novos contratos.

Noticias web

20/05/2021