CRTVG

Buscar

Navantia anunca a entrega para mediados de xullo da estrutura para o parque eólico de Viana do Castelo

Publicado o 21/06/2019 08:35

O estaleiro de Navantia en Fene entregará a mediados de xullo a plataforma flotante do proxecto Windfloat Atlantic para o parque eólico de Viana do Castelo, en Portugal.

Navantia traballa agora no seu próximo proxecto de aeroxeradores de soporte flotante. Trátase de cinco plataformas para o parque eólico de Kincardine situado na costa este de Escocia; catro delas serán construídas en Fene e os traballos xa comezaron nos talleres.

Expertos en enxeñaría naval e empresarios do sector, que participan estes días en Ferrol nunhas xornadas técnicas e no Galician Offshore Internacional Hub, coñeceron este xoves os traballos do estaleiro fenés.

Noticias web

21/06/2019