CRTVG

Buscar

Navalni foi envelenado co axente tóxico Novichok, segundo denuncia o Goberno alemán

Publicado o 02/09/2020 17:22
Navalni foi envelenado co axente tóxico Novichok, segundo denuncia o Goberno alemán

O opositor ruso Alexei Navalni foi envelenado cunha substancia usada na produción de armas químicas e que pertence ao grupo do axente tóxico Novichok, dixo hoxe o portavoz do Goberno alemán, Stefen Seibert, con base nos exames toxicolóxicos do hospital universitario da Charité.

Este axente nervioso foi o empregado contra no enevelamento do ex-espía ruso Sergie Skripal e súa fill ano Reino Unido hai dous anos. 

Navalni está ingresado en Alemaña, onde foi trasladado en coma e nun avión medicalizado desde un hospital en Siberia despois de que sufrise un colapso.

O Goberno alemán condena este atentado "da forma máis drástica" e chama a Rusia a pronunciarse sobre o caso. 

Noticias web

02/09/2020