Vinte países confirman a súa presenza na feira Navalia, escaparate do sector naval
Publicado o 10/09/2021 15:10
A industria naval de Vigo comeza a preparar a súa feira internacional, Navalia, unha das tres máis importantes de Europa, que se celebrará a finais de maio. Hoxe formouse o comité executivo da feira, co que se reuniu Alberto Núñez Feijóo.
O presidente da Xunta explicou que os organizadores teñen como obxectivo acadar uns resultados semellantes aos da última edición, que tivo unha cifra de negocio de 4.000 millóns de euros.
"Os datos que nos trasladan din que o 80% dos expositores confirmados para a edición do 2020 renovarán presenza no ano 2022; xa hai 140 empresas interesadas e hai expositores confirmados de 20 países. Todo parece indicar que imos celebrar un grande evento, e iso é un indicador da volta á normalidade", afirmou o presidente.