Navalia asina un acordo de colaboración coa feira naval rusa Neva
Publicado o 03/02/2021 15:27
Navalia, unha das principais feiras do naval do sur de Europa, asinou un convenio de catro anos coa rusa Neva.
O director da feira viguesa explicou que se trata dunha colaboración comercial, de promoción e información co evento que se celebra en San Petersburgo. Navalia é unha feira bienal, e en 2020 tivo que ser suspendida pola pandemia. Os organizadores queren atrasar a 2022 o próximo certame internacional do naval en IFEVI.