CRTVG

Buscar

Nava Castro: "Hai un incremento da ocupación fóra da temporada estival"

Publicado o 20/08/2019 11:02

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, estivo este martes no plató do Bos días, onde analizou os últimos datos coñecidos sobre o sector hoteleiro do país. "Creceu significativamente desde o ano 2009 a 2019, onde hai 2.500 prazas hoteleiras máis, e o sector no que se incremento é nos hoteis de catro estrelas", asegurou Nava Castro.
A directora de Turismo de Galicia destaca que esa evolución do sector dase nas catro provincas. "Máis da metade dos concellos de Galicia contan con hoteis, e despois con estrutura de aloxamento en case toda Galicia hai unha casa de turismo rural, un hostal, un albergue...", afirmou.
En canto a datos de ocupación, a falta de coñcer os datos da temprorada alta de verán, explicou que "o que si temos son os datos dos seis primeiros meses é a sensación do sector que é positiva". "O que me gustaría destacar é o incremento da ocupación fóra da temporada estival, ben sexa inverno, primaver ou outono", afirmou.
Nava Castro fixo fincapé en que Galicia non ten un turismo condicionado ao bo tempo: "Aquí aínda que chova estamos preparados para ofrecer actividades alternativas, e niso estamos máis preparados que outras zonas, rutas dos viños, balnearios, a ruta das camelias,... e todos eses produtos permiten convinar sol e praia, cando hai, con outras actividades. Os madrileños, seguidos dos andaluces, son os que máis nos visitan, e iso indica que veñen aquí buscar o noso clima".
A directora de Tursimo tamén comentou a decisión de manter a gratuidade das visitas a Catedral de Santiago: "O arcebispado o que está a dicir é que a xente que vén peregrinando e chega para abrazar o Apóstolo e visitar a tumba de Santiago o Maior, pois que non ten porque pagar, e facer unha distinción entre peregrinos e turistas non ten sentido. Eu creo que a opción que decidiu de non cobrar é correcta porque é un templo mundial de peregrinación, pero ao mesmo tempo temos o exemplo do Pórtico da Gloria no que si que tés que cobrar para poder mantelo".
E ademais tamén fixo unha aposta polas áreas interiores do país de Lugo ou Ourense como destinos turísticos de cara aos próximos anos. "O turismo en Ourense aínda se vai incrementar máis. A chegada do Ave está a punto e temos estar preparados. Porque vai ser porta de entrada, por exemplo para a Ribeira Sacra ou as rutas dos viños. E temos unha oportunidade para que en Ourense o turismo tamén destaque", concluíu.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí