CRTVG

Buscar

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia: "As casas de turismo rural van ter estrelas como os hoteis"

Publicado o 18/03/2019 10:38

No tempo da entrevista, Marcos Sueiro conversa coa directora xeral de Turismo, Nava Castro.

"As casas de turismo rural van ter estrelas como os hoteis"

"É unha demanda que xorde do propio sector e niso xa se está a traballar no Plan de turismo rural. (...) É unha oportunidade de homoxeneizar a categoría dos establecementos cos do estado. Para os clientes será unha referencia identificativa das condicións e servizos do establecemento".

Perspectivas para a Semana Santa en Galicia

"As expectativas son boas. A Semana Santa cae máis tarde e cremos que vai axudar co tempo e sobre todo a nova distinción de Festa de Interese Turístico Autonómico e tamén as dúas festas declaradas de Interese Turístico Internacional como son a Semana Santa de Viveiro e a de Ferrol".

"Galicia é un destino que se está a consolidar polo número de turistas".

"Foi o segundo ano con maior número de turistas que tivemos; o ano pasado foi o mellor, con máis de cinco millóns de turistas, a rendibilidade do turismo crece, tamén crece a estadía media, con 3 puntos por enriba da media nacional e, sobre todo, que chegan fóra da tempada estival".

"A desestacionalización é fundamental".

"Queremos que veñan turistas os 365 días do ano. Galicia é un destino tranquilo, para relaxarse, para gozar, por iso creamos ese novo produto, Escenarios ao volante, para esas estradas secundarias. Amais, Galicia cambia coas estacións e son destinos que se poden repetir en diferentes épocas do ano".

"A natureza e as experiencias son o que está a demandar o novo turismo".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019