CRTVG

Buscar

Natxo González: "Vexo un equipo con ideas e identidade"

Publicado o 10/08/2018 09:54

Ao Deportivo quédalle un amigable para rematar a pretemporada e o novo técnico fai un balance positivo do traballo realizado ata o de agora. Di Natxo González que está tranquilo tras detectar que o equipo xa ten identidade propia. 

Asegurar o control dos partidos. Ese é o eixo sobre o que xira a proposta de Natxo González. Con balón, ou sen el. 

A unha semana de erguer o pano da Liga, o técnico amosa dúas preocupacións: a primeira, que non se vaian homes importantes a última hora. Pezas coma Borges, Krohn Dehli ou Cartabia aínda teñen o futuro no aire.

A segunda sombra trázana as circunstancias, que obrigan ao Deportivo a xogar fóra nas tres primeiras citas. 

Un desafío que esixe máxima atención desde o primeiro chanzo da carreira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018