CRTVG

Buscar

Natxo González: "Creo que vos equivocastes porque este ano tocábame ascender"

Publicado o 09/04/2019 19:37

.

Despedirse nunca foi materia doada. Impera a emoción e apenas flúen as palabras... Emocionado, Natxo González recoñecía: "Isto é o que máis me molesta"

Recuperado o acougo, Natxo González intenta entender o seu despido. O técnico vasco sinala as expectativas coma un problema: "O mes de marzo fíxonos moito dano porque todos interpretabamos que era o mes e todos nos pegamos un sopetón...".

Un accidente imprevisto cando os astros parecían a favor. "Díxenlles agora aos xogadores e a Carmelo: coido que vos equivocades porque este ano tocábame ascender. Na miña última traxectoria cada tres anos ascenso. Síntoo, perdestes unha grande oportunidade", sinala con non pouco humor.

Retranca para compensar un día triste, o do enterro do desafío máis grande da súa carreira

 

Noticias web

09/04/2019