CRTVG

Buscar

Naturgy tivo un beneficio de 484 millóns de euros no primeiro semestre deste ano

Publicado o 28/07/2021 16:21
Naturgy tivo un beneficio de 484 millóns de euros no primeiro semestre deste ano

A eléctrica Naturgy tivo un beneficio de 484 millóns de euros no primeiro semestre deste ano, o que representa un incremento de case o 45 % con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Esta suba débese principalmente ao impacto positivo do acordo para resolver de xeito amigable as disputas que afectaban a Unión Fenosa Gas desde 2012, así como tamén á recuperación da demanda e aos prezos da enerxía.

Estes resultados son a antesala á presentación do novo plan estratéxico da compañía, que iniciará unha nova etapa marcada pola transición verde.

Noticias web

28/07/2021