CRTVG

Buscar

Naturgy promove seis novos parques eólicos en Galicia

Publicado o 03/07/2019 14:51

O parque eólico de Castroverde é un dos seis que está a executar Naturgy en Galicia. Conta con doce aeroxeradores capaces de producir enerxía para 50.000 vivendas. Xunto a el a empresa enerxética promove outros dous na provincia de Lugo e tres na Costa da Morte.

Esta aposta polas renovables vai reportar seis millóns de euros ás arcas dos concellos afectados, e tamén beneficios para moitas familias.

Na construción destes parques participaron máis de cincocentos traballadores. A eléctrica prevé incrementar a súa aposta polas renovables a partir de 2020.
 

Noticias web

03/07/2019