CRTVG

Buscar

Naturgy pon en marcha un plan de baixas incentivadas que afectará 1.000 traballadores

Publicado o 24/03/2021 15:11
Naturgy pon en marcha un plan de baixas incentivadas que afectará 1.000 traballadores

Naturgy pon en marcha un novo recorte no seu cadro de persoal en España. Quere reducilo en 1.000 empregados cun plan de baixas incentivadas e voluntarias. A compañía xustifícao na externalización dos servizos e os plans de eficiencia.

Outro axuste de persoal, acordado xa cos sindicatos, é o de El Corte Inglés. Suporá a saída voluntaria de 3.292 empregados. Case trescentos máis dos propostos inicialmente.

Noticias web

24/03/2021