CRTVG

Buscar

Naturgy destinará 80 millóns para un parque eólico e un centro de gas en Meirama

Publicado o 17/01/2019 08:32

Meirama é unha das dúas centrais de carbón coas que conta Galicia. A das Pontes, propiedade de Endesa, realizou nos últimos anos un importante investimento para adaptarse á normativa europea anticontaminación que será de obrigado cumprimento en 2020. Pola contra, Naturgy renuncia a continuar coa actividade en Cerceda e pon data de caducidade a estas instalacións. Será en xuño de 2020 cando Meirama deixe de queimar carbón. Esta decisión afecta os 77 traballadores directos da planta, pero tamén a todo un tecido produtivo que xira en torno á central.

Bautista Vega, presidente do comité de empresa de Meirama: "O porto da Coruña vai perder un 10 % da súa actividade e outros sectores da zona e tamén de Galicia".

Naturgy anuncia un plan para minimizar os efectos do peche. Di que recolocará gran parte dos 77 traballadores e haberá saídas pactadas para o resto. Destinará ademais arredor de 80 millóns de euros a un parque eólico e un centro avanzado de gas renovable en Meirama. E di que colaborará coa Xunta de Galicia en iniciativas para atraer novos proxectos empresariais á zona.

Noticias web

17/01/2019