CRTVG

Buscar

Nasser Al-Attiyad prepara en Vimianzo o Rally da Auga: "Haberá unha gran loita porque os pilotos locais son moi fortes"

Publicado o 24/09/2020 21:48

E esta mañá estivemos con Nasser Al Atiyad en Vimianzo. O piloto qatarí é a estrela do Rally da Auga que se vai celebrar este sábado en Arzúa. Hoxe as cámaras da Galega estiveron con Al Altiyad en Vimianzo, onde probou o coche que vai empregar. A súa relacion co vimiancés Amador Vidal fíxoo posible.

O rally Terra da Auga ten un convidado de excepción. Nasser Al-Attiyah, rei do deserto, tres veces gañador do rally Dakar competirá esta fin de semana nas estradas de Arzúa.

E como é posible que atopemos a Al Attiyah en Vimianzo probando o coche? Este home, Amador Vidal, ten a resposta.

"Nós temos o único VW Polo GTI R5 que hai en España e como ten un coche similar en Qatar e como quería facer carreiras aquí en Europa e sobre todo en España".

De feito, o piloto cataría chega ao rally Terra da Auga logo de ser cuarto en Francia con ese mesmo coche. Al Attiyah non coñece as estradas polas que se disputa a proba pero promete pelexa.

E como se vai adaptar un home do deserto a unha proba que se chama Terra da Auga?

Con auga ou sen ela, de todo o que aconteza no rally terán cumprida información na G2.

Noticias web

24/09/2020