Nas 'showcookings' de Nadal do Mercado do Progreso de Vigo ensinan como sacarlle máis sabor á vieira
Nos distintos postos do Mercado do Progreso en Vigo hai todo o que fai falta e máis para facer un bo menú de festa. Pero por se os clientes non saben por onde empezar, os responsables desta área comercial decidiron axudarlles con catro demostracións de cociña.
Cada día o protagonista será un produto fresco do mercado. Na primeira demostración os chefs do restaurante Maruja Limón centráronse na vieira de Cambados, un clásico do Nadal, ao que din que se lle pode sacar máis partido con menos cocedura, segundo propón Inés Abril, cociñeira do Maruja Limón.
Para os máis innovadores, os chefs propuxeron facer un carpaccio de vieira. Estas showcookings pódense seguir en directo no Mercado a partir das doce da mañá, pero a ocupación está moi limitada pola covid, así que tamén dan a opción de seguilo en liña nas redes sociais do Mercado do Progreso.