CRTVG

Buscar

Bos días

Nas Rías Baixas manteñen ocupacións hoteleiras do 100% na fin de semana e para a ponte do Pilar

Publicado o 07/10/2017 10:08

Pois o bo tempo anima as reservas en hoteis, especialmente da costa. Nas Rías Baixas, a ocupación será case do cen por cento esta fin de semana, a mesma que se espera para a Ponte do Pilar.

Os carteis de completo pendurarán esta fin de semana en boa parte das Rías Baixas, onde a ocupación hoteleira xa esta semana foi bastante semellante á do verán.


"Cada vez que vén calor aumentan de novo as reservas. A xente decídese a vir pasear e a pasar a fin de semana, nas Rías Baixas. Temos reservas semellantes ás do verán", di Paula Tilve, responsable comercial de hotel.

"Estamos aproveitando esta prolongación do verán. Recibimos os visitantes que veñen veranear, co bo tempo, este verán. Pero os índices de ocupación tamén suman con aqueles que se achegan por eventos, por exemplo da área de influencia próxima á de Vigo. Estamos case cheos", di Leonardo López, director de hotel.

Niveis de ocupación excelentes para outubro aos que non só contribúen os veraneantes deste outono estival canto a temperaturas, senón tamén os visitantes que atraen as festas e certames gastronómicos destes días, e os que comezan chegar co comezo da tempada de congresos... Co pulo da próxima ponte do Pilar, logo da fin de semana, tamén para a semana, a hostelería e sobre todo a hotelería espera ocupacións próximas ás do cen por cento.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

07/10/2017