O litoral galego continúa baixo alerta con aviso laranxa por ondas
Publicado o 01/03/2020 11:01
O litoral galego continúa baixo alerta. E o aviso amarelo pasou a ser laranxa. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa na costa galega, no litoral das provincias da Coruña e Lugo, que se manterá durante a xornada do domingo.
Na Coruña xa o comezaron a notar coa chegada da noitiña. De feito, está prohibido o acceso ás praias e parques proximos ao litoral. Espérase para as vindeiras horas que os ventos de compoñente sur alcancen forza 8 e gran ondada combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros.