CRTVG

Buscar

Nas madrugadas desta fin de semana contabilizáronse 29 incendios en Galicia

Publicado o 13/08/2017 14:24

Desde Medio Rural lembran que está a disposición dos cidadáns o número de teléfono gratuíto 085 para dar conta de calquera lume forestal ou actividade incendiaria

A Xunta denunciou que nas madrugadas desta fin de semana rexistrouse en Galicia unha actividade incendiaria elevada. Contabilizáronse 29 incendios, se ben 21 quedaron reducidos a conatos.

Nestes momentos, segundo os datos de Medio Rural, tráballase en dous incendios en Ourense. Un é este, en San Cristovo de Cea, concretamente na parroquia de Viña, que queimou arredor de 38 hectáreas. Desde as nove e media da mañá, téñeno controlado.

Empezou en varios focos simultáneos, igual que o que se desatou pouco antes das once da noite, e que lograron estabalizar sobre a unha desta tarde, na parroquia de Castiñeira, en Vilariño de Conso.

Alí a superficie queimada rolda as 100 hectáreas. Os que afectaban onte a parroquia de Pombeiro, en Pantón, en Lugo; e a parroquia ourensá de Piñeiro, en Maside, quedaron extinguidos despois de queimar 34 e 30 hectáreas respectivamente.

Desde Medio Rural lembran que está a disposición dos cidadáns o número de teléfono gratuíto 085, para dar conta de calquera lume forestal ou actividade incendiaria. 

Imaxe: @Briflaza

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017