CRTVG

Buscar

Nas localidades navarras de Ayegui e Estella lembran as vítimas do accidente

Publicado o 18/01/2020 21:17

As localidades navarras de Ayegui, onde residían as vítimas do accidente, e de Estella, onde aconteceu o sinistro, decretaron tres días de loito oficial. Os veciños gardaron hoxe fronte aos concellos un minuto de silencio.

As vítimas mortais son unha nena de 8 anos, que falecía no acto, e seu irmán de cinco... que falecía horas despois n hospital. A súa nai, de 41 anos coa que viaxaban no coche alcanzado polo autobús, está ferida de gravidade e permanece hospitalizada.
Na zona do sinistro intentan recuperar pouco a pouco a normalidade... Veciños e achegados das vítimas amosaban a súa consternación polo acontecido...

"Tivemos un par de minutos de silencio pola dor das vítimas, a vila está completamente doída porque aquí todos nos coñecemos"
"Estamos todos consternados, é unha familia moi coñecida"
"Non hai palabras, eu teño tres fillos e non me podo facer á idea do que están a pasar os pais"

O condutor do autobús perdía o control do vehículo, que sufría aparentemente un fallo no sistema de freado... e comezaba a circular sen control. No seu percorrido chocou contra a tenda dunha gasolineira e levou por diante outro vehículo. O autobús seguiu circulando... atropelou unha muller que quedou ferida grave, e detívose tras golpear unha quincena de coches que estaban estacionados... Todo acontecía pasadas as oito da tarde do venres, unha hora na que esa zona estaba moi concorrida.

"Foi a fatal coincidencia de que pasara ela nese momento cos seus dous fillos, polo seu carril, conducindo ben... e que un autobús fora sen freos... é un fatal fatal accidente"
O condutor do autobús, de 36 anos, resultou ileso. Un dos pasaxeiros, un mozo de 17 anos, sufriu feridas leves. O resto de usuarios da liña non experimentaron danos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020