CRTVG

Buscar

Nas catro últimas temporadas Iago Aspas deulle 45 puntos ao Celta

Publicado o 21/09/2020 14:17

• Leva 103 goles, un menos que Hermidita

Todo foron boas novas para o Celta, e a mellor de todas, esta: Aspas marca na primeira vitoria da tempada, no primeiro partido na casa, madrugando para sumar dianas e coa ambición en máximos.

Aspas tira do carro e estimula a presenza de Emre Mor. A recuperación do turco, a sociedade de intereses mutuos con Nolito e a capacidade goleadora do de Moaña serían decisivos para un campionato distinto das angurias clasificatorias dos cursos pasados.

Aspas derruba de Gabriel Paulista para facilitarlle a parada a Iván Villar. Aspas como artesán do gol para os seus compañeiros, e Aspas con goles exquisitos. Goles que xa lle deron ao equipo de Vigo 45 puntos nas últimas catro tempadas, rexistro ao que só se lle apega Messi no Barcelona.

Xogador de vara alta, a un gol de igualar a Hermidita como máximo anotador histórico do Celta, Aspas decidirá, por pasiva ou por activa, até onde chega o barrote da Liga esta tempada para as aspiracións viguesas.


 

Noticias web

21/09/2020