CRTVG

Buscar

Narón incorpora monitores de adestramento en parques biosaudables para as persoas maiores

Publicado o 01/06/2021 20:35

Todos vacinados comparten sesión de adestramento no parque biosaudable de San Mateo, en Narón. Emilia superou a covid e agora quere recuperar mobilidade.

Ningún antes se apuntara a clases de exercicio físico, pero desde Hai unha semana acoden puntuais cada martes á cita co seu adestrador. Todos destacan os beneficios do deporte en grupo e ao aire libre.

Son sesións adaptadas a cadaquÉn que se realizan en grupos reducidos e mantendo as medidas de seguridade.

A próxima semana volverán, din, para seguir mellorando as súas marcas.

Noticias web

01/06/2021