CRTVG

Buscar

Narón estrea centro de saúde o luns con servizos "reforzados"

Publicado o 16/07/2021 15:05

Narón estrea centro de saúde o luns. Ten un 60 % máis de superficie que o anterior e ofrecerá máis servizos, con catorce consultas de medicina xeral, doce de enfermería, dúas de farmacia e unha de odontoloxía, entre outras.

O presidente da Xunta visitou hoxe as instalacións e dixo que este centro de saúde, que custou case seis millóns de euros, era imprescindible para unha área que foi aumentando a poboación.

 

Noticias web

16/07/2021