Narón e Monterrei súmanse aos concellos en alerta vermella por coronavirus
Publicado o 14/10/2020 15:42
Hoxe hai algún cambio no mapa de alertas dos concellos galegos. A maior parte dos municipios están no nivel 0, o de cor verde. Con respecto a onte cambia de cor o concello de Tomiño, que estaba en nivel vermello, mellora a situación e baixa a nivel laranxa.
Pola contra, o ourensán de Monterrei e o coruñés de Narón elevan a vermello o seu nivel de alerta pola suba de casos de coronavirus.