CRTVG

Buscar

Narón busca a receita para crear unha torta propia coa que promover o turismo do concello

Publicado o 26/08/2021 22:12

Narón busca a súa propia torta coa que este concello sexa coñecido máis aló das fronteiras da súa contorna. Para dar cos ingredientes cos que elaborar a receita, desde o Concello están a promover un concurso dirixido aos profesionais da gastronomía. Hai quen se aventura e fai as súas suxestións.

Tamén xorden propostas entre a veciñanza. A que foi unha das principais fábricas de fariñas de Galicia no século XIX, o muíño das Aceas, é a imaxe elixida para acompañar o que será o doce típico de Narón e que aspira a converterse en reclamo turístico do concello.

Noticias web

26/08/2021