Narón advirte do crecemento do xogo entre a mocidade
O xogo adictivo ou ludopatía está a mudar o seu perfil para presentarse cada vez máis coma un problema entre a poboación máis nova, entre os adolescentes. En concellos galegos como o de Narón xa traballan para dotar as familias de ferramentas para previr os novos riscos do xogo con apostas.
En colaboración coa USC, o concello de Narón realizou un estudo entre os alumnos dos institutos con datos extrapolables a calquera cidade galega ou española. Del despréndese que as idades de inicio no xogo con apostas se sitúa entre os 14 e os 15 anos.
Entre os que xogan, son máis os mozos ca as mozas, e as apostas son maioritariamente deportivas. Outro dos factores para ter en conta, segundo expertos coma a pedagoga Anabel Mosquera, é o cambio dos factores de risco.
Para previr condutas aditivas insisten na necesidade de ter unha actitude crítica fronte á publicidade da que fai uso o sector das casas de apostas.