CRTVG

Buscar

Naiara morreu tras ser torturada polo seu tío político durante 12 horas

Publicado o 08/11/2017 10:34

Naiara, a nena de 8 anos asasinada en Sabiñánigo (Huesca), foi torturada durante 12 horas. Así o recoñeceu o seu tío político na súa declaración, na que dixo que só quería cambiala para que tivese respecto aos maiores.

A tortura que acabou causando a morte de Naiara comezou cando non soubo recitar a lección que debía estudar. Na súa declaración diante do xuíz, o tío político da nena relatou que empezou a torturala sobre as oito e media da mañá, despois de pasar toda a noite de xeonllos.
Durante dúas horas foi capaz de darlle descargas eléctricas en varias partes do corpo e taparlle a boca cun calcetín para que os veciños non oísen os seus berros.

Naiara acabou cun traumatismo cranioencefálico, inconsciente na ducha. Os servizos de urxencia non foron alertados ata a unha e media do mediodía. O agresor chegou a adoutrinar dúas sobriñas testemuñas dos feitos para dicir que Naiara caera polas escaleiras.

O home afirmou que a súa intención non era matar a nena pero non considerou deter o castigo ata que caeu inconsciente. Descoñécese se a nai e a avoa, que tiñan a custodia das outras dúas sobriñas, eran coñecedoras dos feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2017