Nai e fillo denúncianse en Sanxenxo por ameazas
Publicado o 18/09/2019 14:19
A Garda Civil abriu dilixencias para investigar unhas denuncias cruzadas entre unha veciña da localidade de Vilalonga, no concello pontevedrés de Sanxenxo e o seu fillo.
Unha discusión entre os dous este luns foi o que deu lugar á investigación. A nai foi buscar o fillo para reclamarlle unha caixa de ferramentas e o pagamento de parte dunha débeda. Foi ela a que chamou a Garda Civil e denunciouno por supostas ameazas.
Horas despois, o fillo e a súa noiva tamén presentaron unha denuncia contra a muller.