CRTVG

Buscar

Nagasaki conmemora o 75 aniversario do bombardeo atómico da cidade polos EUA

Publicado o 09/08/2020 16:04
Nagasaki conmemora o 75 aniversario do bombardeo atómico da cidade polos EUA

Como se fixo en Hiroshima hai tres días, hoxe , na cidade xaponesa de Nagasaki, conmemorouse o 75 aniversario do bombardeo atómico da cidade, por parte dos Estados Unidos.

Tanto o alcalde da cidade, como o primeiro ministro xaponés, Shinzo Abe, fixeron un chamamento ás potencias nucleares para que non abandonen os compromisos de non proliferación.

Nunha sobria cerimonia, marcada polas medidas de seguridade sanitaria, realizáronse varias ofrendas e gardouse un minuto de silencio, á hora exacta en que estoupou a bomba.




 

Noticias web

09/08/2020