CRTVG

Buscar

Nafti: "Se tes coherencia os resultados van chegar"

Publicado o 04/12/2020 15:04

O Lugo vaise a Miranda. Mañá xoga en Anduva. Recupera a Campabadal e a Xavi Torres. Pero viaxa sen Pita, Puma, Iriome, Canella e Manu Barreiro.

O Lugo traballou no campo artificial pegado ao Anxo Carro. Unha mañá para non saír da casa, con temperaturas xélidas. Das que convidan a correr como se non houbese un mañá. De Lugo a Miranda, o certo é que o clima tampouco vai mudar en exceso.

Foi o último adestramento antes de medirse co Mirandés que ten un punto máis na táboa. Sen complexos e desde a coherencia malia que o Lugo leva catro partidos sen gañar.

 

Noticias web

04/12/2020

Máis sobre Lugo