CRTVG

Buscar

Nafti non percibe "dúbidas" no Tenerife, malia levar tres xornadas sen gañar

Publicado o 28/10/2020 16:14

O Tenerife acumula tres partidos sen gañar (dous empates e unha derrota) e o Lugo enlazou tres vitorias, pero o técnico branquivermello, Mehdi Nafti, que só sabe o que é gañar desde que se fixo cargo do equipo galego, advertiu de que ante o Español (0-0) non percibiu "dúbidas" no equipo insular, ao que visitará este xoves.

"O pasado domingo non vin un Tenerife con dúbidas. Nós sabemos onde imos. Imos ter un partido moi, moi complicado, e temos que saír coa mesma idea, ser un equipo humilde, ambicioso tamén, e as posibles dúbidas, entre comiñas, do Tenerife e o supostamente bo momento de forma do Lugo non nos van a levar a engano", indicou.

Noticias web

28/10/2020