Nafti: "Non miro a clasificación do rival a estas alturas"
O adestrador do Lugo admite que descoñece o paradoiro dos internacionais El Hacen e Marcelo Djaló
Nafti quere que o Lugo manteña a tensión competitiva, tamén contra o cabeiro da Segunda, o Alcorcón, que leva unha vitoria, un empate e nove derrotas
Nafti: "Non miro a clasificación do rival a estas alturas. Ao Leganés custoulle gañarlles".
Nafti ten tanta confianza en que Apelacón lle retire o cartón vermello a Campabadal, que viaxou co lateral dereito: "Se non ocorre nada raro Campabadal xogará mañá".
Volve a unha convocatoria Gerard Valentín: "Levamos unha sorpresa. Gerard está dispoñible".
En cambio El Hacen e Marcelo Djaló non regresaron da convocatoria coas súas seleccións. E Nafti, visiblemente molesto, descoñece o seu paradoiro.
Nafti: "Sobre os internacionais... sen comentarios. Eu non sei onde están".
As baixas non parecen afectarlle de momento ao Lugo, sexto clasificado e afeito a celebrar vitorias.