CRTVG

Buscar

Nafti non agocha o seu enfado tras empatar ante As Palmas

Publicado o 03/12/2020 21:38

O empate na casa ante As Palmas supón a cuarta xornada consecutiva do Lugo sen gañar e amosou un Nafti ao que aínda non viramos.

"Un pouco enfadado porque creo que tiñamos opción de gañar en condicións normais, pero é o que hai", recoñeceu o técnico.

As condicións normais que faltaron foron un gol estraño das Palmas, e, sobre todo, a enésima lesión, desta volta caeu o Puma. Son xa demasiadas: "Preocúpame porque non é normal. Falarémolo, con frialdade, falarémolo", di Nafti. Pero cando lle preguntaron a que cría que se debían respondeu: "Sen comentarios".

Pois tamén perde para o partido do sábado ante o Mirándes a Manu Barreiro, expulsado. "Non chorei cando o Puma non estaba, cando Gerard Valentín non estaba, cando tiñamos baixas, cando El Hacen estaba fóra de forma, cando Marcelo marchou coa selección... non chorei e non vou chorar agora. Iremos á guerra cos que hai", explicou un enfadado Nafti.

Noticias web

03/12/2020